Escola Infantil Paparolo

Máis preto das familias, máis preto de ti

Globo Globo

Todo o que precisas saber sobre a nosa escola

Metodoloxía Agazziana

Tomando como base a espontaneidade do neno, o xogo libre e o ambiente amoroso e respetuoso, procuramos que os máis pequenos se desenvolvan e potencien as súas habilidades.

Diferentes actividades

Levamos a cabo rutas, visitas a diferentes espazos do casco vello compostelá, cursos de natación, obradoiros de lingua inglesa... Traballamos para ofrecer aos alumnos as mellores experiencias.

Instalacións completas

Contamos con espazos dedicados á cociña, bibliotecas, espazos para o cambio e descanso... Todo o necesario para atender calquera necesidade dos nenos que acuden á nosa escola infantil.

A escola infantil para os máis pequenos en Santiago

A escola infantil para os máis pequenos en Santiago

Na Escola Infantil Paparolo en Santiago de Compostela adicámonos ao eido da educación infantil no seu 1ª ciclo, de 0 a 3 anos, dende o ano 1996. Decidimos impulsarnos por este sector por motivos vocacionais que xorden da nosa etapa de formación universitaria e de pensar, como sinala Francesco Tonucci, que: “Nos primeiros anos póñense os alicerces de todo o que se vai construír, facer e aprender ao longo da vida e os cimentos pódense poñer só nesta etapa”.

Contamos cunha ampla experiencia como mestres e técnicos en educación infantil noutras escolas, desenvolvendo diferentes funcións. Dito recorrido, e o noso interese pola formación continua, fixeron que novas inquedanzas persoais e profesionais tomaran forma e contido no que hoxe é a Escola Infantil Paparolo.

Educación en base á Metodoloxía Agazziana

Somos un pequeno equipo, nunha pequena escola, dun pequeno barrio de Compostela. Tentamos estar ao día no ámbito pedagóxico e metodolóxico, adaptándoo ás nosas necesidades e á nosa realidade máis inmediata. Vimos desenvolvendo o noso proxecto educativo dende hai máis de 20 anos; e o noso espírito baséase nunha relación estreita coas familias, na confianza recíproca e na colaboración activa na educación dos seus/súas fillos/as.

Temos formación e experiencia psicopedagóxica que nos axuda á resolver as inquedanzas e dúbidas que nais e pais poidan ter no seu día a día no desenvolvemento das súas crianzas.

Educación en base á Metodoloxía Agazziana

Escola adscrita á axuda da Consellería de política Social para o fomento da gratuidade da atención educativa para todas e todos as nenas e nenos en escolas infantís 0-3.

Quen somos?

Quen somos?

A Escola Infantil Paparolo de Santiago de Compostela é un centro privado de educación infantil. Somos unha sociedade civil constituída por un grupo de profesionais do ámbito educativo que no curso 2009 a 2010 comezaron unha nova andaina que continúa a iniciada anteriormente por un membro do noso grupo.

Quen ven?

Quen ven?

O centro desenvolve a súa labor con nenos/as de 1 a 3 anos e os seus traballadores son mestres especialistas, mestres-psicopedagogos e diplomados en puericultura. Ofrecendo un proxecto educativo ben desenvolto e unha ampla variedade de servizos.

Onde estamos?

Onde estamos?

Atopámonos na rúa Campo do Gaio, a escasos minutos a pé da catedral de Santiago de Compostela, rodeado de amplas zonas verdes (Alameda, Campus Sur e Cálea Galeras). Dispoñemos de comodidades de acceso e dunha zona de aparcadoiro, cunha estancia máxima de 10 minutos, para recoller aos máis pequenos.

Que pensamos?

Que pensamos?

Familia e escola deben camiñar xuntas co obxectivo común de proporcionar ás/aos pequenas/os un desenvolvemento integral: cognitivo, físico, social, afectivo e moral. A escola debe promover o respecto á diversidade, a igualdade, a coeducación, a solidariedade e o coidado do medio ambiente.

A qué horas?

A que horas?

O horario de funcionamento é de 07:45 a 20:00 horas todo o ano, excepto no verán, onde a escola poderá ver reducido o seu horario en función da demanda das familias. A escola pecha os festivos e aqueles días marcados polo centro. Ademais, a escola dispoñerá de días de horario especial, o cal se comunicará ás familias antes do inicio do curso en setembro, de 07:45 a 15:45 horas.

Escola Infantil Paparolo

Máis preto das familias, máis preto de ti

Globo Globo
Escola Infantil Paparolo en Santiago

Orde do 20/06/2022: esta escola ten concedida a subvención para a gratuidade da Atención Educativa e da Matrícula de tod@s @s nen@s nas escolas infantís da Comunidade Autónoma de Galicia.

CURSO ESCOLAR 2022-23
Infórmate na nosa escola: 981 56 63 05 - 604 085 884
e.i.paparolo@gmail.com
Educación en base á Metodoloxía Agazziana

Protocolo COVID-19

A escola segue/respecta o protocolo Covid-19 para escolas infantís, remitido pola Xunta de Galicia no referinte ás medidas hixiénico/sanitarias, procedendo, ademais, ás xuntanzas coas familias a través de vídeo chamadas, tanto para os informes pedagóxicos como para as familias interesadas en solicitar información da escola para posibles matrículas.

Contacta connosco

Non dubides en contactar connosco se queres saber máis sobre a nosa escola infantil en Santiago de Compostela ou sobre algún dos nosos servizos.

Contactar